Outes celebra o 25N cunha manchea de actividades co alumnado do concello

20 Novembro 2025

Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Outes achegou unha completa programación de actividades de concienciación, a través do CIM. A axenda comeza este xoves 20 co obradoiro Os vínculos afectivos sans, no IES Poeta Añón e co alumnado de 4º de ESO. Contarase coa presenza de Xiomara Lazo, técnica de igualdade do Concello.

O venres 21 de novembro será a quenda de obradoiro Somos iguais, a cargo de Lorena Castro, educadora social, na Escola Infantil Municipal de Outes.

O luns 24 de novembro está previsto outro taller: Coñezo o meu corpo e constrúo vínculos sans. Será no CEIP Plurilingüe de Outes, para alumnas de sexto de Educación Primaria, novamente con Xiomara Lazo, técnica de igualdade do Concello.

Na mesma xornada do luns 24 celebrarase tamén o obradoiro Desconecta a violencia: o perigo está en liña. Será no IES Poeta Añón, para alumnado de 2º da ESO, a cargo da asociación inclusiva local ADISBISMUR.

Na mesma xornada do luns 24 desenvolverase a charla informativa Sobre agresións sexuais e violencia sexual, no IES Poeta Añón para alumnado de 3º de ESO. Trátase dunha actividade concedida pola Consellería de Política Social e Igualdade n o marco do acordo de colaboración coa FEGAMP. Participa María Angélica Mercado.

O martes 25N haberá unha concentración ás 12.30 horas na praza de Galicia. Celebrarase a lectura dun manifesto a cargo do alumnado de 1º de ESO do IES Poeta Añón. Desenvolverase tamén un acto simbólico de SempreVivas a cargo do alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes e o IES Poeta Añón.

Habilitarase un punto violenta de 12.00 a 13.00 horas na praza de Galicia coa colaboración de ADISBISMUR, aberto a toda a veciñanza.

O 26 de novembro celebrarase o obradoiro Coñezo o meu corpo e constrúo vínculos sans. Será no CEIP Serra de Outes para alumnado de 6º de Educación Primaria. Participa Xiomara Lazo, técnica de igualdade do Concello.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.