Artefeito e Falaredes levan a Outes, este sábado, o espectáculo “Retrincos de Castelao”

20 Novembro 2025

No marco do programa Outes a Escena, Artefeito Producións vai representar este sábado 22 de novembro, ás 20.00 horas na Casa da Cultura da Serra, a peza Retrincos de Castelao.

A entrada é de balde ata completar aforamento, o propio día da actuación. Esta obra está incluída no Bono Xeral.

Nesta proposta cultural, a través dun ollo de vidro que lle dá nova forma á realidade, os cómicos Isabel Risco e Fran Rei lévannos a presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra para que poidamos comprender, como comprendeu Castelao, quen fomos e quen somos. Con texto de Diego Rey, esta peza teatral supón un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo.

Actividade da Secretaría Xeral da Lingua en colaboración co SNL do Concello de Outes, a través do programa Falaredes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.