Noia, principal concello beneficiario de MercaNaVila, que se prolonga até o 3 de decembro

20 Novembro 2025

Finalmente e tal e como sinalamos este mércores 19 dende O Barbanza, o bono MercaNaVila da Deputación da Coruña foi ampliado ata o 03 de decembro. Esta prolongación das axudas ás compras locais nos concellos de menos de 20.000 habitantes terá ao concello de Noia como principal concello da campaña, segundo confirmou o Goberno local, engadindo que “Noia, xunto con Boiro, tramitaron recentemente unha solicitude formal para solicitar esta ampliación, co obxectivo de facilitar que a veciñanza puidese seguir aproveitando os bonos de desconto”.

Volvendo a Noia, trátase do principal concello beneficiario do programa, sendo o municipio que máis fondos captou a través do bono e superando o millón de euros en facturación, unha cifra que sitúa a Noia máis dun 25% por riba do segundo concello con maior volume no programa.

Grazas a esta ampliación levada a cabo pola Deputación da Coruña, os bonos poderán empregarse durante o Black Friday e noutras campañas de descontos, permitindo así un maior aforro e reforzando o impulso ao comercio local.

“Desde o Concello de Noia estamos moi orgullosos do traballo realizado e da confianza que a cidadanía deposita nos nosos establecementos, que continúan a ser un exemplo de dinamización económica e proximidade”, salientaron fontes do Goberno local.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...