María Sampedro critica á Deputación por “non ter en conta aos municipios de máis de 20.000 habitantes” para o seu programa MercaNaVila

19 Novembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, amousouse crítica coa Deputación da Coruña por, sinalou, “non ter tido en conta aos municipios de máis de 20.000 habitantes para o programa de dinamización comercial MercaNaVila”, e máis aínda cando “resta crédito dispoñíbel dos 6 millóns de euros dos que foi dotado o programa”, comentou, engadindo que “xa advertimos que o orzamento non se ía dar gastado e agora vemos como os alcaldes de Boiro e Noia solicitan que se prorrogue a campaña”. A rexedora considera que esta medida discrimina aos negocios de Ribeira, simplemente por ser un concello que supera o límite de habitantes establecido pola Deputación, “se ben o noso tecido comercial tamén é en gran parte pequeno comercio e téñense que enfrontar tódolos días ao reto de estar á fronte dunha pequena superficie, especialmente, agora que estamos no outono-inverno e baixan considerablemente as vendas, exceptuando a campaña de Nadal”.

A rexedora engadiu que “por esta mesma razón, non pode ser que haxa municipios limítrofes que estean gozando desta vantaxe, excluíndo
aos nosos comerciantes”. E apunta: “Xa se nos tiña que ter incluído dende o inicio da campaña”.

Por todo o exposto, anuncia que dende o Concello de Ribeira remitirase unha carta formal á Deputación da Coruña solicitando que tamén se teña ao seu tecido comercial ante unha posíbel prórroga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.