Os empresarios de Ribeira piden cambios no programa MercaNaVila da Deputación para que este no prexudique aos concellos de máis de 20.000 habitantes

19 Novembro 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira emitiu un comunicado no que convida a facer unha serie de ampliacións no programa MercaNaVila da Deputación da Coruña, destinado a favorecer as compras locais nos concellos de menos de 20.000 habitantes (con bonos de axudas descargábeis nos dispositivos da veciñanza). Sinalan que “estamos totalmente de acordo en que se poñan ao dispor do público este tipo de bonos polo que repercuten no desenvolvemento económico dos pequenos comercios”, pero sosteñen que debera eliminarse, precisamente, a limitación que a Deputación fixou respecto do número de habitantes das cidades.

Para a patronal de Ribeira (AER), “no caso da nosa cidade e como este, moito outros, ao darse a circunstancia de sobrepasar o número de habitantes non podemos beneficiarnos dos referidos bonos, pero ao dispoñer deles nas localidades limítrofes, como A Pobra do Caramiñal, Boiro e Porto do Son, e dada a proximidade destes concellos ao noso, provocou que moito cidadáns da nosa cidade se desprazaran a estes municipios para efectuar as súas compras en detrimento dos nosos comerciantes que durante uns días viron os seus establecementos baleiros, sen afluencia de clientes”.

En base ao devandito, a patronal solicita “que en caso de volver dar os bonos no futuro, ou ben sexan desenvolvidos sen limitación de habitantes, ou en caso contrario se consideran que deben ser para os concellos máis pequenos orquestren algunha medida para que unicamente poidan beneficiarse dos referidos bonos as persoas censadas neses municipios, desta maneira cumpriríase o obxectivo que queren alcanzar sen prexudicar aos municipios veciños de maior entidade”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.