UVD cuestiona ao goberno de Dodro por obras en “Matadero del Sar” que afirma carecen de licenza municipal

19 Novembro 2025

A Unidade Veciñal de Dodro (UVD) acusou ao goberno municipal do PSOE de lanzar nas redes sociais oficiais do Concello “acusacións infundadas” sobre a difusión de “bulos”, e respondeu cun comunicado no que asegura achegar “datos contrastados” sobre as obras realizadas nos últimos anos pola empresa “Matadero del Sar”.

Segundo UVD, a compañía levaría executando actuacións desde hai polo menos dous anos que, a xuízo da formación, non contan con autorización municipal. Entre elas, enumeran:

  • Renovación dun tellado de 2.500 m²
  • Instalación de placas solares na mesma superficie
  • Urbanización fronte á estrada AC-305
  • Formigonado de 3.500 m² de espazos exteriores
  • Apertura e peche de diferentes fiestras
  • Instalación de novos sistemas de refrixeración
  • Execución dunha nova depuradora de augas residuais (aínda sen rematar, segundo UVD)

A plataforma veciñal afirma ter revisado todas as actas das Xuntas de Goberno Local dos últimos dous anos e medio e asegura que “non figura autorización ningunha para estas actuacións”, polo que consideran que as obras “son ilegais”.

Debate sobre o volume de investimento

O goberno municipal, pola súa banda, difundiu que o investimento total da empresa ascende a 3,7 millóns de euros, argumentando que ese importe non ten por que corresponder a unha única obra e pode incluír maquinaria ou equipamento non suxeito a taxas urbanísticas.

UVD replica preguntándose se o executivo “pretende dar a entender que para instalar estes equipamentos non fai falta obra ningunha”, e critica que o Concello “fale en nome da empresa” antes de verificar se efectivamente existe obra asociada a esas instalacións.

Sobre as licenzas: “Dánnos a razón”

Outro dos puntos de fricción é a afirmación municipal de que “Matadero del Sar” tería solicitado licenzas e que “algunha destas solicitudes está aínda sen resolver”. Para UVD, esta declaración supón “darlles a razón”, ao entender que confirma que as obras en marcha ou xa finalizadas se executaron sen licenza previa.

A formación sinala que as únicas taxas pagadas pola empresa corresponden ao inicio dalgúns expedientes administrativos, que continúan “sen resolver” por falta de documentación ou informes sectoriais.

UVD invoca a Lei do Solo de Galicia

No seu comunicado, UVD lembra que a Lei 2/2016 do Solo de Galicia establece que as obras sen licenza deben “suspenderse de inmediato” e abrir un expediente de restauración da legalidade. Aseguran que calquera veciña “tería as súas obras paralizadas” por actuacións similares e que nalgúns casos estas intervencións “son visibles mesmo desde Google Maps”.

A agrupación conclúe reclamando ao goberno local que indique “a data da Xunta de Goberno Local que outorgou as licenzas”, insistindo en que, segundo a documentación revisada, “non existe” tal autorización na actualidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.