“Vaise ‘Claudia’ e veñen as xeadas e as baixas temperaturas” – Antón Luaces

18 Novembro 2025

Após varios días de choiva, vento e algo de frío, desde este martes irase espallando e mesmo intensificando durante a semana, ese tempo que tan pouco nos cadra: o das xeadas e a masa fría -disque moi fría- que, procedente de latitudes altas, deixará temperaturas baixas para a época, máis propias do inverno.

Tanto as temperaturas máximas como as mínimas baixarán de xeito progresivo, segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que afirma que as xeadas comezarán a partir deste martes e van espallarse e intensificando co avance da semana. Trátase dun “importante descenso térmico en todo o país” en amplas zonas do interior peninsular que provocarán xeadas na amencida e a primeiras horas da mañá. Un troco significativo no clima do noso país que ven para se quedar durante certo tempo.   

O inverno vai chegando. mais nas vindeiras horas comezará a subir a velocidade coa que entra en territorio español. Desde este martes as temperaturas baixarán de xeito xeralizado en todo o país, con especial atención, porén, na metade norte da Península onde aínda se notará máis o descenso no mercurio.

Unha baixada das altas e baixas que ven producida por unha entrada de masa ártica desde o norte peninsular, acompañada dun fluxo húmido de gran percorrido marítimo que dará lugar a nevaradas na Cantábrica e Pirineos, cunha cota que descenderá ata os 800-1000 metros ao remate do día.

Este tempo irá a peor a partir do vindeiro xoves, pero sobre todo o venres. Esta masa de aire vai espallarse progresivamente ao resto da Península e Baleares, provocando un descenso térmico aínda maior. 

Agárdase, polo tanto, que as temperaturas máximas se sitúen por baixo dos 10 graos  centígrados en amplas zonas da península, agás o cuadrante suroeste e os litorais, onde serán lixeiramente superiores.

As cotas de neve serán baixas, se ben as nevaradas do xoves e o venres serán máis perceptíbeis no terzo norte. De xeito máis feble poderán espallarse ao resto do sistema montañoso da metade norte peninsular.

A partir do sábado, mellorarán as condicións atmosféricas pola entrada de aire atlántico máis cálido que devolverá as temperaturas, así como as súas máximas e mínimas, a un punto máis alto.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.