Interveñen Protección Civil, Bombeiros e Policía Local nun accidente sen feridos na AG-11 en Palmeira

15 Novembro 2025
Bombeiros Ribeira

Dotacións da Agrupación de Voluntarios e do Servizo Municipal de Protección Civil de Ribeira, xunto cos Bombeiros de Ribeira e a Policía Local, interviñeron nas últimas horas nun accidente de tráfico sen feridos rexistrado na AG-11, á altura de Palmeira, no termo municipal de Ribeira.

Os servizos de emerxencia desprazáronse de inmediato ao punto do sinistro para asegurar a zona, garantir a seguridade viaria e proceder á retirada do vehículo implicado, evitando así riscos para o resto de usuarios da vía.

A circulación na AG-11 viuse afectada de maneira puntual durante os traballos de intervención, recuperándose a normalidade en pouco tempo. As causas do accidente están a ser analizadas polos efectivos mobilizados.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.