Venres 14 as rías baixas e a comarca as máis afectadas pola choiva e as treboadas

13 Novembro 2025

Este venres14, San Serapio, as rias baixas e a comarca manteranse baixo a influencia das baixas presións atlánticas, o que deixará unha xornada marcada pola inestabilidade.

Agárdanse intervalos nubrados e chuvascos, que poderán ser localmente treboentos, especialmente nas comarcas situadas máis ao oeste. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, tanto nas máximas como nas mínimas.

O vento soprará de compoñente sur, moderado en xeral, aínda que poderá alcanzar fortes refachos no litoral e en zonas altas, onde a sensación térmica será máis baixa.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur, forza 5 a 7 á mañá e á tarde e 6 a 7 á noite. Media vaga. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.