Detido en Cambados un home con seis quilos de cocaína e outras drogas nun operativo da Udyco

13 Novembro 2025


Axentes do Grupo II da Udyco de Pontevedra detiveron en Cambados a un home ao que se lle incautaron na súa vivenda seis quilos de cocaína, 27 de haxix e oito de marihuana, segundo informou a Policía Nacional.

A operación, denominada “Logan”, comezou hai varias semanas tras detectar que o detido, veciño de Cambados, presuntamente se dedicaba á distribución de importantes cantidades de estupefacientes —cocaína, haxix e marihuana— a pequenos traficantes que posteriormente revendían a consumidores e a outros vendedores da zona.

Como parte da investigación, os axentes estableceron dispositivos de vixilancia que culminaron na mañá do pasado 7 de novembro, cando se produciu a detención e o rexistro do domicilio do sospeitoso, onde se localizaron as substancias incautadas.

A Policía Nacional considera con esta operación desmantelado un punto relevante de venda de drogas que, segundo sinalan, estaba a causar importantes molestias aos veciños da contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.