UCIN Boiro nomea a Miguel Piqueras coordinador local para “impulsar o cambio”

13 Novembro 2025

A agrupación Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) en Boiro anunciou oficialmente o nomeamento de Miguel Piqueras como novo coordinador local do partido. Con esta designación, UCIN busca reforzar a súa estrutura territorial e reafirma o seu “compromiso cunha política próxima, transparente e baseada no diálogo coa cidadanía”, sinalou a agrupación.

Miguel Piqueras asume este novo cargo con ilusión, enerxía e “un firme compromiso con Boiro e os seus veciños”, explicou.

Veciño moi coñecido na localidade e cunha ampla traxectoria de implicación na vida social e veciñal, Piqueras representa os valores que UCIN quere trasladar á política municipal: proximidade, escoita activa e traballo constante.

“Este é un proxecto que nace da xente e para a xente. Queremos que a veciñanza teña voz, que se sinta escoitada e que vexa resultados reais. O meu compromiso é estar presente, traballar desde o terreo e construír xuntos un Boiro mellor para todos”, sinala Miguel Piqueras.

Desde UCIN Boiro destacan que Piqueras “conta cunha visión clara das necesidades locais e unha gran capacidade para unir e xerar consensos, ademais de ter un perfil conciliador e unha implicación persoal na mellora do municipio que resultaron claves para o seu nomeamento”.

A nova coordinación local centrará os seus esforzos en “recuperar a confianza cidadá na política, promovendo a participación veciñal, o diálogo aberto e propostas que respondan de verdade as prioridades da xente”.

“Estamos aquí para sumar, non para dividir. Para traballar de xeito conxunto cos veciños e con todos os que crean que Boiro merece máis e mellor. UCIN é un proxecto aberto a todas as persoas que queiran achegar”, subliñou Piqueras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.