O Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira desenvolverá unha nova reunión informativa no 18 de novembro

12 Novembro 2025

O Concello de Ribeira segue executando a fase de selección da terceira edición do seu Programa Integrado de Emprego, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. Por tal motivo, haberá unha nova reunión informativa no martes, 18 de novembro, ás 11.30 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.

A maiores, as persoas interesadas dispoñen de varias vías de información: o enderezo electrónico programaintegrado@ribeira.gal; os teléfonos de contacto 669 150 809 e 628 557 348; e o formulario online que aparece no Instagram do Programa (p.integradoempregoribeira).

Esta medida en materia de empregabilidade diríxese a un total de 100 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son, cun compromiso de inserción laboral do 45%.

Público beneficiario do Programa Integrado de Emprego

O Concello explicou que poderán optar a participar neste instrumento de empregabilidade todas aquelas persoas desempregadas con discapacidade; mulleres desempregadas; persoas desempregadas de longa duración; inmigrantes; en risco de exclusión social; beneficiarias do tramo de inserción da renda de exclusión social de Galicia; mulleres vítimas de violencia de xénero; maiores de 52 anos; menores de 30 anos; perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI); ou persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores. Todas elas deberán estar inscritas como demandantes de emprego.

Contido do Programa Integrado de Emprego

Este programa baséase nunha metodoloxía que combina a parte expositiva coas dinámicas de grupo, buscando adaptarse ás necesidades das persoas e utilizando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e a conciliación, así como o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego como, por exemplo, o uso de Internet, o rexistro en portais de emprego, a descarga de aplicacións e a aproximación ás redes sociais profesionais.

Nesta edición, impartiranse técnicas de mobilización de enfermos; aplicación de fundamentos básicos en cociña; acompañante en transporte escolar; operacións básicas de caixa; uso de aplicacións móbiles no ámbito laboral; utilización de recursos dixitais; ofimática; técnicas administrativas; organización de almacén; manexo de carretillas elevadoras; mantemento de zonas verdes; seguridade e hixiene na industria alimentaria; ou cociña colectiva, entre outras materias.

Tamén se levarán a cabo accións individuais de información, asesoramento e acompañamento laboral; obradoiros de coaching para a busca de emprego, comunicación e habilidades sociais; elaboración do currículo, preparación de entrevistas; prospección laboral e prácticas profesionais non laborais nalgunha das empresas colaboradoras, servindo como ponte de cara a futuras contratacións.

A maiores, terase en conta a formación transversal en informática, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, técnicas de adestramento emocional, formas de busca de emprego ou fomento da capacidade emprendedora.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.