O Concello sonense confirma que xa hai 1.500 deportistas inscritas/os na Sin-Son 10K (modalidade absoluta)

12 Novembro 2025

Prosegue o aporte de novidades relacionadas coa Sin-Son 10K 2025 (Porto do Son), que volve baixo o lema Corremos mirando ao mar para consolidarse, definitivamente, como o que realmente é: unha proba deportiva referente en Galicia. Logo da apertura das inscricións, o pasado 24 de outubro na páxina web Emesports, a Sin-Son é un fervedoiro de deportistas confirmando a súa presenza para o 21 de decembro, data na que está fixada a proba absoluta, e para o 20 de decembro, día no que está previsto que se celebre a Sin-Son para a rapazada. No caso da proba absoluta, este 11 de novembro a organización do evento (o Concello de Porto do Son) confirmou que xa había 1.500 corredoras e corredores inscritas/os, polo que entramos xa no período das “ultimísimas prazas”. O mesmo acontece coa modalidade de escolares, para a que este domingo 9 de novembro quedaban as últimas 200 prazas.

As inscricións, tanto para escolares como para a modalidade absoluta, rematarán o luns, 15 de decembro de 2025 ás 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel.

A carreira vén con dúas grandes vertentes:

Sin-Son 10 K, o domingo 21 de decembro a partir das 11:00h.

A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de Portosín e Porto do Son. A proba estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A proba absoluta 10K, ten un límite de 1.500 participantes.

Os participantes que se anoten antes do 1 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades: Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo. A partir do 9 de decembro ata o 13 de decembro; poderán facer efectiva a recollida. Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán: Portosín (o día 20 de decembro na Casa da Cultura, na Feira do Corredor desde as 19:30 ás 21:00 h) e Portosín (o mesmo día da carreira en  horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto da zona de saída).

Xornada previa probas escolares, o sábado día 20 de decembro a partir das 17.00 horas

As carreiras escolares disputaranse na localidade de Portosín o sábado día 20 de decembro, a partir das 17:00 h. Haberá un límite de 500 participantes e a proba para a rapazada será de balde. O prazo de inscrición pecharase o luns 16 de decembro ás 23:59h., ou ata completar 500 prazas.

Celebrase na localidade de Portosín saída e meta estará na zona portuaria.

A recollida de dorsais efectuarase dende as 15:30  h da tarde na localidade de Portosín (zona portuaria) onde estará instalada a meta.

Éxito da anterior edición

A pasada edición da Sin-Son 10k 2024 pechouse sendo todo un éxito, onde volveu colgar o cartel de completo e na que Adrián Ben e Edymar Brea alzáronse coa vitoria, na categoría masculina e feminina, respectivamente. 

A proba celebrada o pasado decembro acolleu a máis de 1.500 corredores/as e onde o padriño da cita foi o propio Adrián Ben, campión europeo de atletismo en pista cuberta e diploma olímpico, que foi ademais o atleta triunfador da proba ao cruzar a liña de meta en primeiro lugar parando o crono en 29:37’.

A Sin-Son 10k conta cun elenco de atletas convidadas/os que participaron en anteriores edicións entre os que figuran nomes tan ilustres como Martín Fiz; Solange Pereira; Chema Martínez; Esther Navarrete ou Iván Raña.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou (coincidindo coa apertura das inscricións) que “confiamos en que esta nova edición volva ter unha gran acollida como todas as edicións anteriores. A Sin-Son é moito máis que un evento deportivo. É unha cita cultural, gastronómica e dinamizadora que evoluciona cada ano. Estamos moi contentos e orgullosos de poder ter na nosa vila esta proba que é un auténtico referente para todo tipo de corredores e un gran escaparate para Porto do Son”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.