Galicia activa alerta laranxa por choivas intensas e ventos tempestuosos. Suspensión de actividades escolares e deportivas

11 Novembro 2025

A COMARCA UNHA DAS ZONAS MAIS AFECTADAS POR VENTO E CHOIVA O MERCORES E XOVES

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou unha alerta laranxa por choivas intensas no oeste e suroeste da provincia da Coruña, a partir das 22:00 horas deste martes, ante a chegada da borrasca Claudia, que ameaza con fortes precipitacións, ventos extremos e temporal marítimo.

Primeiras consecuencias do temporal
Rexistráronse refachos de vento superiores ao 150 km/h e temperaturas nocturnas de ata 25ºC nalgunhas zonas de Galicia.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé ata 80 mm de choiva acumulada en 12 horas nas zonas afectadas.

Suspensión de actividades escolares e deportivas

Ante a gravidade do fenómeno, a Comisión Escolar de Alertas suspendeu todas as actividades ao aire libre en centros educativos durante o mércores en:

Oeste da Coruña: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

Suroeste da Coruña: Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

A Secretaría Xeral para ou Deporte tamén suspendeu a actividade deportiva federada e o programa Xogade en exteriores nestas zonas.

Avisos amarelos en toda Galicia
Ademais da alerta laranxa, activáronse avisos amarelos por choiva e vento nas catro provincias galegas:

Choivas: A Coruña (Interior, Oeste e Suroeste), Pontevedra (Rías Baixas), Ourense (Sur), Pontevedra (Interior e Miño).

Ventos: A Coruña (Noroeste, Oeste e Suroeste), Lugo (Montaña e A Mariña), Ourense (Montaña), Pontevedra (Rías Baixas). Espéranse refachos de ata 80 km/h.

A zona máis afectada será a contorna de Fisterra, onde se prevé un impacto especialmente severo desde a madrugada ata o mediodía do mércores.

RACHAS PREVISTAS DE VENTO AS 10 HORAS DO MERCORES:http://ZOOM EARTH

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.