O Son súmase á nova edición de Xuntos Polo Nadal

11 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son sumouse a unha nova edición de Xuntos Polo Nadal (dende Noiteboa até Reis). Trátase dun programa de envellecemento activo da Xunta (Consellería de Política Social e Igualdade) e os concellos para achegar compañía, lecer e actividades creativas as persoas maiores de 60 anos, co fin de evitar que pasen as festas en soidade. Levarase a cabo nas Residencias de Tempo Libre da Xunta (en Carballiño e en Panxón) e é un programa cen por cen gratuíto.

As persoas solicitantes poderán optar entre tres quendas, das que só se poderá elixir unha:

• Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro (16 días)

• Do 23 de decembro ao 30 de decembro (8 días)

• Do 31 de decembro ao 7 de xaneiro (8 días)

As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsábel, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda. Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web de Política Social.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004A.

O prazo de inscricións xa está aberto e remata o 25 de novembro.

As persoas de Porto do Son que precisen máis información sobre o programa poden acudir á Área de Benestar Social do Concello de Porto do Son ou chamar ao 981 867 414, e tamén visitar a web municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.