O Concello de Ribeira renova a súa sinalización turística

10 Novembro 2025

O municipio de Ribeira contará con renovadas indicacións dentro do Plan Integral de Sinalización Turística que contempla a reposición de sinais e a dotación de novos tótems na contorna urbana. En total, afecta a máis dun cento de elementos repartidos por todo o territorio municipal a través do Plan de Sustentabilidade Turística, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado polos fondos europeos Next Generation.

“O Concello de Ribeira traballa na posta en valor dos seus recursos turísticos e aquí é crucial contar cunha sinalización adecuada que permita a quen nos visita ter unhas correctas indicacións para achegarse ata os nosos lugares de interese. Por iso a razón de ser desta medida que se atopa ao abeiro do Plan de Sustentabilidade Turística”, en palabras da alcaldesa, María Sampedro.

Os traballos foron adxudicados á empresa Benito Urban, S.L.U. por un importe de 93.196,62 euros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...