Lidia Veiga gaña o XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva pola súa actuación en Iribarne

08 Novembro 2025

O Auditorio Municipal de Padrón acolleu este venres o acto de entrega do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, un dos recoñecementos máis consolidados das artes escénicas galegas, que nesta edición distinguiu o traballo da actriz arzuá Lidia Veiga pola súa interpretación na obra Iribarne.

O evento, enmarcado no programa Outono Cultural 2025, contou coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca, e da concelleira Mariló Saco, ademais dun numeroso público que tributou unha calorosa ovación á galardoada ao remate da representación de Tromsø, da compañía Teatro MoRRAconto, unha das propostas máis destacadas da programación cultural deste ano.

O Premio Maruxa Villanueva, convocado polo Concello de Padrón, busca poñer en valor a traxectoria e o talento das e dos profesionais das artes escénicas galegas. O xurado destacou en Lidia Veiga “a súa calidade e versatilidade interpretativa, así como a capacidade para construír personaxes con autenticidade e profundidade, mantendo a lingua galega como ferramenta de creación artística”.

Durante a entrega do galardón, o alcalde Anxo Arca subliñou a “importante traxectoria” da actriz dentro da escena galega e agradeceu á compañía MoRRAconto “a súa aposta por incorporar música en directo, enriquecendo a experiencia teatral”. O rexedor destacou tamén o orgullo do municipio por manter viva esta distinción:

“En Padrón estamos moi orgullosos do Premio Maruxa Villanueva e da importante oferta cultural que poñemos en marcha cada ano. Desexámoslle a Lidia moitos éxitos no futuro”.

Visiblemente emocionada, Lidia Veiga agradeceu ao Concello de Padrón “por dotar este premio cunha partida económica, que será moi ben investida en proxectos futuros”, e ao xurado “por confiar nunha moza coma min e por destacar o uso do galego como ferramenta interpretativa e artística”.

“Sentinme moi representada coas palabras do xurado dicindo que poño en valor a miña lingua no carácter e profundidade dos meus personaxes. Sen o galego eu non podería darlles autenticidade nin veracidade”, asegurou a actriz, que tamén tivo palabras de agradecemento para a súa familia “por criarme en galego; a miña lingua dáme moito traballo”.

O xurado desta XXIV edición estivo presidido polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, e formado por figuras destacadas do ámbito teatral e literario galego: Inma López Silva, Carlos Caetano Biscainho Fernández, Afonso Becerra, Roberto Pascual e María Cruz Taboada.

O premio está dotado con 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura coa imaxe da actriz padronesa Maruxa Villanueva, símbolo do galardón. “Encántame esta escultura”, declarou Lidia Veiga ao recibir o busto das mans do alcalde.

Con este recoñecemento, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa cultura galega e co apoio ao teatro, mantendo viva a memoria e o legado artístico de Maruxa Villanueva, referente das artes escénicas e da defensa da lingua galega.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.