O Concello de Padrón homenaxea a Catalina Pereira Cortizo, campiona galega de fútbol

08 Novembro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado das concelleiras Chus Campos e Mariló Saco, recibiu este xoves na Casa do Concello a Catalina Pereira Cortizo, veciña de Carcacía de 14 anos e campioa galega de fútbol en 2024. No acto, a nova deportista estivo arroupada polos seus pais e tíos, nun encontro que serviu para recoñecer publicamente a traxectoria dunha moza promesa do deporte padronés.

Catalina, que xa forma parte da Selección Galega Sub-14, compite actualmente en categoría sénior co Victoria CF, equipo da Terceira Federación. O alcalde destacou o apoio do Concello ao deporte de base e ás novas xeracións, animando á futbolista “a seguir traballando con ilusión para acadar as súas metas, sen esquecer a importancia da formación académica”. Arca subliñou tamén que “as portas do Concello están sempre abertas para apoiar a Catalina e ao conxunto de deportistas padroneses que representan con orgullo o nome da nosa vila”.

A deportista iniciou o seu camiño no colexio La Salle de Santiago, onde comezou practicando fútbol sala e fútbol campo. En 2024 proclamouse campioa galega coa selección comarcal de Santiago, un éxito que lle abriu as portas do Victoria CF, club no que milita actualmente. O pasado ano participou no Campionato de España coa Selección Galega Sub-14, coa que acadou as semifinais en Madrid.

A padronesa defínese como resiliente e loitadora, valores que agora a axudan a superar unha pequena lesión e a manter firme o seu obxectivo: chegar algún día á Selección Española.

Con este xesto, o Concello de Padrón quere poñer en valor o talento, o esforzo e a paixón polo deporte da mocidade local, reafirmando a súa aposta polo deporte feminino e pola promoción das novas promesas que representan o futuro do municipio.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.