Proxecto pioneiro para estudar a saúde e o desenvolvemento das poboacións de polbo en Galicia

07 Novembro 2025

Neste estudo participan as confrarías de pescadores de Bueu, Baiona, Ribeira e Fisterra, o que reforza a cooperación entre ciencia e sector produtivo.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este venres na presentación do proxecto Octosan, unha iniciativa centrada no estudo do desenvolvemento e da saúde das poboacións naturais de polbo común (Octopus vulgaris) en Galicia. O obxectivo é analizar a capacidade de defensa desta especie fronte a estresantes ambientais provocados por fenómenos climatolóxicos adversos, co fin de garantir a sustentabilidade e continuidade da actividade marisqueira.

O proxecto forma parte do convenio asinado coa Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), dentro da rede Redemar, que conecta o sector pesqueiro e os organismos científicos para compartir experiencias, coñecementos e innovacións.

A actuación, que rematará en 2027, conta cun orzamento de 251.865 euros, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).

Garantir a sustentabilidade do recurso

Durante a presentación, Marta Villaverde destacou que este proxecto responde a unha das principais preocupacións do sector: “garantir a supervivencia das poboacións ante fenómenos adversos que poidan provocar un descenso produtivo, tanto na explotación do recurso como na economía e no emprego que xera a captura do polbo nas zonas costeiras”.

O estudo abrangue diferentes ámbitos, como o análise do ciclo vital do polbo (datos biométricos e índice de condición), o grao de madurez e época de posta en función de variables ambientais (temperatura, salinidade ou tormentas), a detección de parásitos e patóxenos, así como o estudo da resposta inmune da especie en distintos escenarios estacionais e ambientais.

Investimento en investigación mariña para 2026

A conselleira subliñou que proxectos como o Octosan consolidan a aposta da Xunta por a investigación, o coñecemento e a innovación aplicada ao mar. Neste sentido, explicou que os orzamentos de 2026 reforzan o labor dos centros de investigación dependentes da Consellería do Mar, con 4,5 millóns de euros para o Cetmar e 5,5 millóns para o Intecmar.

Tamén se destinan 5 millóns de euros ao Plan Galego de Investigación e Innovación Tecnolóxica, 2,4 millóns a Redemar (un 20 % máis que en 2025), 570.000 euros a proxectos con universidades galegas, 280.000 ao Observatorio Costeiro de Galicia e 500.000 á rede de control de Galicia.

Con esta planificación, o Goberno galego busca fortalecer o vínculo entre investigación e sector pesqueiro, promovendo un modelo produtivo sustentable que garanta o futuro do mar e das comunidades costeiras.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.