Lousame aproba unha actualización da taxa do lixo para garantir o equilibrio do servizo

07 Novembro 2025

O Concello de Lousame celebrou pleno extraordinario e urxente no que se aprobou a actualización da taxa de residuos pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo municipal. A medida chega un día despois da celebración da Asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza, na que se aprobaron os orzamentos para 2025, e ten como obxectivo que a nova taxa entre en vigor o 1 de xaneiro de 2026.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, explicou que a actualización é necesaria para facer fronte ao déficit acumulado na liquidación de 2023, que ascende a 164.000 euros. “O recadado pola taxa do lixo non chegaba a cubrir esta cantidade”, sinalou o rexedor, quen lembrou ademais que o Concello mantén recorridas xudicialmente as cotas de 2024 impostas pola Mancomunidade Serra do Barbanza. O motivo, segundo apuntou, é que estas se basean en criterios “non recollidos nos estatutos da entidade”.

Ares tamén recordou que votou en contra das novas cotas de 2025 na xunta directiva da Mancomunidade celebrada o pasado 28 de outubro, “xa que non se acreditou a procedencia do incremento dos gastos imputados ao servizo”.

A pesar diso, o alcalde admitiu que “non é agradable para alguén que asumiu a alcaldía hai un mes ter que aprobar esta medida, pero a lei é a lei e temos que paliar esa parte que non se cubre coas cotas de 2023 para que o custe do servizo poida ser cuberto coas taxas”.

A proposta foi aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais. Na práctica, a actualización suporá un incremento de 40 euros por vivenda a partir de 2026, repartidos en dous recibos semestrais de 20 euros cada un.

Finalmente, Ares adiantou que o goberno local xa está a traballar nos orzamentos municipais de 2026, coa intención de levalos a Pleno “en breve” para que poidan entrar en vigor ao longo do mes de xaneiro.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.