A Deputación e a Fundación Paideia conectan as comarcas do Sar, Barbanza e Noia con Berlín a través do voluntariado internacional

06 Novembro 2025

A Deputación da Coruña e a Fundación Paideia Galiza veñen colaborando desde hai máis de dúas décadas na promoción de estadías formativas internacionais para a mocidade galega, a través dun proxecto de voluntariado que aposta pola igualdade de oportunidades e a mobilidade no medio rural.

No marco desta iniciativa, este xoves 6 de novembro a sede da Fundación Paideia Galiza na Escravitude (Padrón) acolleu o acto de peche da última experiencia de voluntariado grupal desenvolvida recentemente en Berlín. Nesta edición participaron sete mozos e mozas procedentes de Porto do Son, Boiro, Dodro e Outes, que tiveron a oportunidade de colaborar con organizacións sociais locais, participar en actividades culturais e iniciarse na aprendizaxe do idioma alemán.

No acto estiveron presentes os propios mozos e mozas que viviron esta experiencia, acompañados polo equipo técnico da Fundación que os titorizou.
Asistiu tamén o deputado provincial Antonio Leira Piñeiro, xunto co vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, Guillermo Vergara Muñoz, e os alcaldes de Dodro, Xabier Castro Tourís, e de Porto do Son, José Luis Oujo Pouso.

Antonio Leira afirmou que este programa “é un exemplo do compromiso da Deputación coa mocidade, ofrecéndolles oportunidades reais de formación, aprendizaxe e apertura ao mundo que lles axudan a construír o seu futuro” e destacou a gran iniciativa de Paideia neste sentido.

O proxecto de voluntariado internacional está financiado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia Galiza, e forma parte dunha iniciativa máis ampla destinada a fomentar a igualdade de oportunidades, o desenvolvemento persoal e profesional e a mobilidade internacional da mocidade galega, especialmente en contornas rurais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.