“Sábese que os mataron, máis non onde xacen os seus restos” – Antón Luaces

05 Novembro 2025

O nome das vítimas non se esquecen, malia que no seo das familias van perdéndose as pegadas que cada unha daquelas deixou en vida: Galicia non viviu en terra de seu as consecuencias dunha guerra que, directamente, non se desenvolveu no seu territorio, máis si no seo de milleiros de familias nas que a semente da envexa, o odio por calquera trapallada, un desacordo por nimio que este fose, eran motivo dabondo para que na noite zoaran proxectís de distinto calibre nas gabias de estradas que daban acubillo a corpos sen vida que no seu momento non recibiron as admonicións que o franquismo deixou nas mans de cregos que xogaron a políticos, de políticos que xogaron a xuíces, de xuíces que asumiron o rol de militares ou de militares que xogaron a deuses gardiáns das esencias patrias dunha terra que nunca foi de todos porque aquí, por moito que nos neguemos a recoñecelo, sempre houbo quen se proclamaba propietario dun  ferrado de terra por pouco valor que esta tivese. Sempre houbo un amo mesmo para o canto do cuco.

Si, na guerra de España e durante moitos anos posteriores, gabias, cemiterios, valados, covas, furnas e semellantes estaban sinalados nos mapas mentais dos asasinos que realizaban “quitas” ou “sacas” que se convertían en desaparecidos que, grazas á vixente Lei da Memoria Histórica, van aparecendo, ciscados ou amoreados, nas vizosas terras dunha Galicia que aínda ten quen os chore.

Hai nomes de executores e executados. Hai lápidas nos corazóns de moitas familias que non poden fixar con exactitude por descoñeceren onde xacen os destinatarios da lembranza. Sabemos, non obstante, onde fican os restos de quen deixou hai 50 anos este mundo após unha longa agonía na que, sinxelamente, tempo tivo a repasar a súa extensa listaxe de condenados a morte, os derradeiros a escasos días do seu propio pasamento.

Na política de exterminio levada a cabo en Galicia hai familias practicamente enteiras, apelidos que contan para os que seguen a manter viva a memoria deles. Talvez tamén na das familias dos executores. E malia todo, aínda hai quen segue brazo en alto a lembrar as “excelencias” dun tempo que moitos galegos quixeramos non ter que situar no primeiro plano dunha historia que mellor fora non ter que relatar.

Outros artigos

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.