Outes participa no programa Mercanavila cunha ducia de establecementos

04 Novembro 2025

Doce comercios do concello de Outes participan no programa Mercanavila da Deputación da Coruña a través do cal a cidadanía pode desfrutar de descontos de ata 100 Euros. O prazo para descargar o Bono e ata o 20 de Novembro ou até esgotar o crédito.

O Concello de Outes compartiu un vídeo explicativo sobre como darnos de alta.

Quen precise axuda ou información sobre o programa pode acudir ao ADL do Concello nas oficinas municipais.

MercaNaVila e a súa plataforma tecnolóxica (Mercanavila.gal) son recursos impulsados pola Deputación en colaboración coa Federación Galega de Comercio para impulsar o pequeno comercio e a economía das das nosas vilas.

Segundo a institución provincial, MercaNaVila é un dos maiores programas de impulso ao consumo de proximidade activado en Galicia nos últimos anos. Estamos a falar de 6 millóns de euros destinados a fomentar as compras nos comercios dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña.

Logo do prazo de adhesión dos comercios interesados en participar (que finalizou o 20 de outubro) a cidadanía pode descargar nos seus teléfonos móbiles os seus bonos desconto, de ata 100 euros por persoa, a través da web mercanavila.gal.

Estes bonos permitirán aplicar descontos automáticos de entre 5 e 15 euros en función do importe de cada compra, sempre que se realicen nos establecementos adheridos.

Os incentivos estarán dispoñibles ata o 20 de novembro ou ata que se esgote o orzamento.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.