Inician en Ribeira unha campaña de reparto de 10.000 euros en bonos para gastar no comercio local

04 Novembro 2025

Toxo Telecom, en colaboración co comercio, a hostalaría e as pequenas empresas ribeirenses, así como co Concello, pon en marcha a campaña “Invíste en Ribeira, inviste na túa xente”, co obxectivo de impulsar a economía local nun período do ano no que tradicionalmente diminúe o consumo.

O fundador e xerente da compañía, Javier Fontaíña, explicou que se trata dunha das épocas de “menor consumo nas rúas da localidade”, polo que a proposta pretende concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos negocios de proximidade.

A iniciativa, que se desenvolverá ata o 31 de xaneiro de 2026, destina un total de 10.000 euros en bonos para atraer clientela. Así, todas as persoas que contraten os servizos de Toxo Telecom recibirán un ToxoBono de diferente importe segundo o tipo de contrato, ata un máximo de 100 euros por vivenda, que poderán gastar en máis de medio cento de negocios adheridos á campaña.

Fontaíña salientou que se trata de “iniciar unha cadea de consumo e movemento na nosa cidade”, engadindo que tamén é unha forma de agradecer ás empresas e persoas que apostaron por Toxo Telecom e contribuíron ao seu crecemento, devolvendo agora ese apoio á economía local.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.