Domingo 2, ceos nubrados e humidade. Risco de choiva cara o norte da comarca

01 Novembro 2025

O domingo traerá precipitacións febles, sobre todo na provincia da Coruña, e temperaturas sen grandes cambios

A xornada do domingo 2, día de defuntos, estará marcada por unha melloría gradual do tempo, xa que o país comezará a recuperar a influencia das altas presións. Porén, a presenza de ventos do suroeste achegará moita humidade, o que manterá os ceos nubrados en xeral.

Prevese algunha precipitación ocasional e de pouca intensidade, especialmente na provincia da Coruña, mentres que nas demais zonas as choivas serán máis dispersas ou intermitentes.

As temperaturas non experimentarán cambios salientables, aínda que poderían rexistrarse lixeiros descensos nalgúns puntos do interior (16 a 19 graos).

Os ventos soprarán frouxos do suroeste, con intervalos moderados no litoral norte, onde a sensación de humidade será máis acusada.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á noite e 2.5 a 3.5 metros á tarde.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.