“O vertido de aceite de palma na ría de Vigo, un perigo latente para o ecosistema mariño” – Antón Luaces

01 Novembro 2025

O suposto carácter “inocuo” para aves e moluscos da substancia desprendida no accidente portuario de Vigo non é tal, segundo os científicos, que desminten esa inocuidade. A vertedura de aceite de palma provocada pola implosión dun silo na terminal de Guixar durante os labores de descarga, xa se estende desde Baiona ata Moaña, segundo GCiencia , órgano da Universidade de Vigo.

Aínda que, como xa informaron a Autoridade Portuaria viguesa e a propia Xunta de Galicia, o aceite de palma non é tóxico, si é nocivo para o ecosistema mariño. Especialmente para especies coma o mexillón. 

Así o confirmou o doutor en Bioloxía e investigador do CSIC  Antonio Figueras: “As afirmacións de que non é contaminante porque o aceite de palma é utilizado na alimentaciòn animal, son cientificamente incorrectas. Aínda que menos persistente que o petróleo, o aceite de palma causa mortalidade masiva por obstrución física e representa unha ameaza documentada para ecosistemas mariños e acuicultura”. 

O aceite de palma ten orixe vexetal. Extráese do froito da palma africana (elaeis guineensis) e está formado principalmente por acedos graxos saturados, monoinsaturados e poliinsaturados, principalmente oléico. No caso da vertedura ocorrida na ría de Vigo, o aceite solidificou formando unha mancha amarela na superficie da auga que se estende pola ría e apareceu en Baiona e Moaña, nas inmediacións dunha zona bateeira. 

O doutor Figueras afirma que “estudos científicos demostran que a estearina de palma inhibe o crecemento de peixes e a reprodución de copépodos bentónjcos. Os mexillóns son  particularmente vulnerábeis: filtran ata 25 litros diarios e son inmóbeis, alimentándose indiscriminadamente e carentes de capacidade encimática para descompoñer contaminantes”.

Un estudo de 2022 realizado pola pola Universidade Malaysia Terenggany e a University of Alberta de Canadá, revisaron casos de derrames de aceites vexetais no medio mariño. Os investigadores explican que estas verteduras e os subprodutos da súa degradación representan unha ameaza para os organismos mariños, porque poden recubrir e asfixiar especies: a capa que se forma na superficie reduce a luz e limita o intercambio de osíxeno, o que pode afectar á vida mariña.

Malia a existencia de múltiples estudos sobre degradación e toxicidade, os científicos sinalan que o aceite de palma foi pouco investigado. Sin embargo, o convenjo internacional MARPOL inclúe os aceites vexetais como substancias líquidas nocivas, consideradas perigosas tanto para os recursos mariños como para a saúde humana.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.