Golpe ao narcotráfico en Ribeira: a Policía incauta un quilo de cocaína e 31.000 euros

01 Novembro 2025

Tamén se comisaron heroína, armas simuladas e varios vehículos eléctricos nunha operación que culminou con dous detidos no barrio de Bandourrío

A Policía Nacional desarticulou un importante punto de venda de drogas en Ribeira tras unha operación que se saldou coa incautación dun quilo de cocaína, 27 gramos de heroína e 31.000 euros en efectivo. Nos rexistros tamén se interviñeron dúas pistolas simuladas, tres escopetas, unha catana, unha bicicleta e tres patinetes eléctricos.

P.N.

A actuación policial levou a cabo no barrio de Bandourrío, onde os axentes realizaron dous rexistros domiciliarios no mesmo edificio. No operativo foron detidos un home e unha muller, ambos con antecedentes por delitos relacionados co tráfico de drogas.

A investigación, iniciada a finais de 2022, permitiu aos axentes detectar unha rede que distribuía cocaína entre consumidores de toda a comarca do Barbanza. Segundo as estimacións dos investigadores, os arrestados poderían estar vendendo ata dous quilos de cocaína ao mes.

A operación, denominada “Rose II”, foi coordinada polo Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira e contou co apoio da Policía Xudicial de Santiago e de unidades caninas da Comisaría da Coruña.

Tras pasar a disposición xudicial, o xuíz decretou o ingreso en prisión dun dos detidos.

Con esta actuación, a Policía Nacional reafirma o seu compromiso na loita contra o tráfico de drogas na comarca, un problema que continúa sendo motivo de preocupación entre os veciños e as autoridades locais.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.