O filme “Aurora” proxéctase este domingo en Boiro ao abeiro do Ciclo Mestre Mateo

31 Outubro 2025

Esta fin de semana proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo. Farano o domingo 2 de novembro ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro coa proxección do filme Aurora.

Este documental cóntanos a historia de Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas e que establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversas ligadas á morte, a familia, a guerra e o papel da muller.

O filme está dirixido pola viguesa Area Erina, artista visual de diversas disciplinas como o vídeo, a fotografía, a colaxe ou o celuloide, nas que os seus límites se dilúen pasando do plástico e analóxico ao dixital.

O Ciclo de Cinema Mestre Mateo é un proxecto impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Deputación da Coruña para a proxección nos concellos (como o de Boiro) dos filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo.

Mediante esta proposta inclúese o cinema na programación cultural do Concello de Boiro cunha charla coloquio ao remate de cada sesión.

Os filmes que se van proxectar nesta edición do ciclo son +Cuñados, As Neves, Filmei paxaros voando, Xustiza Artificial, Aurora, Honeymoon, Prefiro condenarme e Salvaxe, ademais dunha serie de curtametraxes tamén finalistas.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.