Leti da Taberna recala este venres en Abanqueiro co seu monólogo “Enredada”

31 Outubro 2025

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) acolle este venres 31 de outubro unha cita coa narradora oral Leti da Taberna. Trátase do espectáculo Enredada, dirixido a público adulto, que dará comezo ás 21.00 horas (coa venda de entradas na billeteira dende unha hora antes da función).

Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é unha creadora de contidos galega que moitos coñecemos a través de TikTok e, agora tamén, grazas ao seu monólogo Enredada co que está de xira por toda a xeografía galega. Leti acumula 30.600 seareiros en TikTok (con vídeos que superan as 100 mil reproducións) e 55.271 seareiros en Instagram (onde abriu canle de difusión e supera en bastantes ocasións as 300 mil reproducións), aínda que o volume de reproducións dos seus contidos é sobradamente superior ao do seu número de seguidores.

Co espectáculo Enredada Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.