Boiro celebra este domingo unha nova edición do Día da Bici

30 Outubro 2025

O Concello de Boiro acollerá este domingo, 2 de novembro, unha nova edición do Día da Bicicleta, unha cita pensada para fomentar a convivencia e a diversión arredor deste vehículo entre persoas de todas as idades. A presentación do evento contou coa presenza do alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e Ramón Ares, representante de La Voz de Galicia.

O percorrido será o mesmo que en edicións anteriores, cunha distancia total de 14 quilómetros. A saída terá lugar ás 11.00 horas na Praza de Galicia e discorrerá pola rúa Principal e a Avenida de Compostela ata Escarabote, onde se realizará o primeiro reagrupamento na Agramuíña. Desde alí, a comitiva regresará a Boiro seguindo o paseo marítimo e diferentes rúas do municipio, para dirixirse despois cara a Cabo de Cruz, onde se fará o segundo reagrupamento xunto á lonxa. O regreso á Praza de Galicia será pola ruta do Sestelo, Seán e Exipto, ata entrar na Avenida da Constitución.

Á chegada está previsto un sorteo de material deportivo entre todos os participantes inscritos. O evento non ten carácter competitivo e está pensado para nenos e adultos, polo que contará cun dispositivo especial de seguridade no que participarán a Policía Local, Protección Civil, a Garda Civil e voluntarios do Club Ciclista Barbanza e Boiromotos.

“É un día moi esperado polos amantes da bicicleta e, sobre todo, polos máis pequenos. Queremos que sexa unha auténtica festa da bici”, sinalou o concelleiro Marcos Fajardo.

A iniciativa está promovida por La Voz de Galicia, co patrocinio de Vegalsa e Jealsa, e a colaboración de Bici Daniel Ríos, Chicolino, Autos R. Outeiral e o Club Ciclista Barbanza. “Trátase dun evento familiar no que participan familias enteiras e que só é posible grazas á implicación das empresas e institucións colaboradoras”, destacou Ramón Ares.

O alcalde José Ramón Romero animou á veciñanza a participar nesta actividade, “un evento accesible para todas as idades que promove un estilo de vida saudable e o uso da bicicleta como medio de transporte sostible”.

As inscricións poden realizarse no Departamento de Deportes —no edificio das Colonias e Praia Xardín— ou por correo electrónico en deportes@boiro.org antes do venres 31 de outubro ás 12.00 horas. Poderán participar maiores de seis anos e será obrigatorio o uso de casco, non permitíndose bicicletas con rodíns.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...