Prosegue a II Mostra de Teatro de Porto do Son con “Golpes” (o pasado sábado) e “Cabaré Climático” (este sábado)

30 Outubro 2025

A Casa da Cultura de Porto do Son acolleu, o pasado sábado 25 de outubro, a representación da peza teatral Golpes protagonizada por Estíbaliz Veiga e incluída na segunda edición da Mostra de Teatro de Porto do Son. O espectáculo volveu ser un éxito de público, co auditorio ateigado de veciños e visitantes.

A obra, dirixida por Xosé Leis e producida por Bernardino Martínez, visibiliza a escaleira de violencia que se pode crear a partir dunha relación desigual, representando a Pamela, unha muller que sobrevive ás violencias machistas e que conta a súa historia. Faino dun xeito directo, sen retoques, para facer reflexionar sobre a realidade vivida na súa pel e na de moitas

Esta obra conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade en Galicia da Xunta de Galicia.

A Mostra prosegue este sábado

A II Mostra de Teatro de Porto do Son prosegue este sábado 1 de novembro da man da agrupación Gallaecia Eventos, que presentará o musical Cabaré Climático, tamén na Casa da Cultura de Porto do Son. Cabaré Climático é unha obra de teatro con música en directo que nos leva ao ano 2075, cando o quecemento da Terra é unha realidade que condiciona as relacións humanas, o amor e o humor.

O 8 de novembro, a compañía Culturaactiva achegará a obra cómica para público infantil e familiar Máis saaabor! O 15 de novembro, Talía Teatro representará Un Deus Salvaxe. O 22 de novembro, o grupo local Mimarte presentará Nais en apuros.

A clausura será o 29 de novembro coa comedia D.E.P, de Malasombra.

A obra Nais en apuros será de entrada libre, mentres que as restantes terán un prezo de 4 euros.

As entradas estarán dispoñíbeis dende o 14 de outubro na Oficina de Cultura (de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas) ou o mesmo día da función, só con pagamento mediante tarxeta bancaria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.