“Cribados para a localización do cancro de pulmón”. Antón Luaces

28 Outubro 2025

Oficialmente non existe relación algunha entre o balbordo que vive Andalucía por mor da tardanza -cando non o silencio- na resposta aos  cribados de cancro de mama practicados a máis de 2.000 mulleres desa comunidade autónoma e o inicio das citacións no marco do programa piloto de cribado de cancro de pulmón polo que a consellería de Sanidade da Xunta citará  a preto de 50.000 galegos mediante mensaxes que xa se están a enviar para que os fumadores de entre 55 e 74 anos de idade se sobmetan a probas para detectar ese tipo de cancro.     

O centro de saúde do Ventorrillo (A Coruña) foi o primeiro, no ano 2024, en desenvolver os programas de cribado de cancro de pulmón  que na actualidade leva a cabo en Galicia a Consellería de Sanidade, un plan no que se pretende involucrar a 48.860 galegos  para realizaren o devandito cribado coa fin de detectar precozmente a existencia ou non dun dos tumores con maior incjdencja na comunidade galega e que máis vidas se leva por diante: 1.133 no ano 2023.

A Xunta baralla a participación nesta operación dunhas 14.600 persoas que, en boa parte, cumprirán os criterios clínicos da mesma. O obxectivo da proba non é outro -como se desprende da convocatoria- que a detección do cancro de pulmón en fases iniciais, o que -segundo todas as previsións- mellora a taxa de supervivencia.

Os que acepten participar no cribado serán citados para se sobmeter a unha tomografía axial computarizada (TAC) de baixa dose aos inscritos, unha proba de jmaxe que permite visualizar posíbeis nódulos ou anomalías pulmonares. De se detectar calquera anomalía, activaríanse axiña os protocolos de vía rápida deseñados para axilizar as probas diagnósticas subseguintes e confirmar ou desbotar un diagnóstico oncolóxico o antes posíbel.

A Xunta tenta consolidar a Galicia coma referente en programas de detección temperá do cancro. Polo momento é unha proba piloto a gran escala.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.