En Ribeira entra en fase de licitación o alumeado de Nadal por 161.268,80 euros

27 Outubro 2025

O Concello de Ribeira sacou a licitación o servizo de subministración, alugueiro, instalación e mantemento da iluminación do Nadal para o período de 2025-2026 por duración dun ano sen posibilidade de prórroga.

Segundo informaron dende o Consistorio, colocaranse máis de 400 elementos luminosos (arcos, árbores cónicas, motivos laterais, photocall luminosos, ornamentos de grandes dimensións…) en todo o municipio, tanto no centro urbano coma nas parroquias.

“Queremos incrementar considerablemente a decoración en tódolos lugares, incluídas as parroquias, para aportar maior viveza aos espazos públicos nunhas datas sinaladas”, sinalaron.

O orzamento da licitación é de 161.268,80 euros, cos impostos incluídos. As empresas interesadas dispoñen ata as 23.59 horas do 11 de novembro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.