O Culturgal Expandido reuniu en Ribeira a 2.000 espectadores

27 Outubro 2025

O Culturgal Expandido celebrado a pasada fin de semana no Auditorio Municipal de Ribeira deixa un balance moi satisfactorio, cun programa para todas as idades que serviu para poñer en contacto a cultura local coa do resto de Galicia.

O director do Culturgal, Camilo Franco, califica de “moi positiva” a resposta “a esta festa da cultura”, xa que o conxunto das actividades reuniu a 2.000 espectadores en Ribeira, “o que demostra a forza dos creadores e artistas locais e o interese dos diferentes públicos do Barbanza”.

A organización do Culturgal Expandido manifestou na inauguración do sábado o seu interese en converter Ribeira nunha sede permanente deste festival cultural, unha opción que estudarán co concello.

Ribeira volverá a ser protagonista no Culturgal de Pontevedra do 28 ao 30 de novembro, grazas á presenza dos seus creadores.

Onte, o peche do Culturgal Expandido reuniu a centos de persoas no Auditorio para ver primeiro as ‘Fantasmas Familiares’ de Quico Cadaval, que lembrou a súa infancia en Ribeira.

Posteriormente, a gala final, coa actriz Susana Sampedro de mestra de cerimonias, foi un escarapate das diferentes formas de entender a creación musical cunha orixe en común: Ribeira. Actuaron Nan Îllonia, Lau Panicanela, xeVA & Mon-O e Os Liantes.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.