O Concello de Boiro impulsa a conversión do campo da Mina en céspede artificial

27 Outubro 2025

O Concello de Boiro está a executar as obras para transformar o campo de fútbol da Mina, en Lampón, nunha moderna instalación con céspede artificial. A actuación inclúe tamén a adecuación da contorna para crear unha nova zona de aparcamento que mellorará os servizos e o acceso ao recinto deportivo.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, visitaron recentemente as obras para coñecer o seu estado de execución. Segundo explicaron, o proxecto ten como obxectivo dotar a Boiro dun espazo deportivo máis funcional e seguro, adaptado ás necesidades dos clubs e usuarios.

Os traballos consisten na conversión do actual terreo de xogo, de árido e con importantes desniveis, nun campo de céspede artificial cunhas dimensións exteriores de 100×56 metros. O proxecto tamén contempla a instalación de parabalóns, barandas laterais e a mellora dos accesos.

Paralelamente, o Concello está acondicionando os terreos contiguos ao campo para destinalos a aparcadoiro, servindo de apoio á propia instalación deportiva. O investimento total das obras ascende a 673.325,59 euros e está financiado a través do Plan de Obras e Servizos (POS+ Concellos) da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.