UCIN di que o Concello de Boiro mantén no abandono os parques infantís

27 Outubro 2025

O grupo local de UCIN Boiro emitiu un novo comunicado crítico co Concello porque, segundo denuncian, o Goberno local “mantén nun estado deplorábel e de abandono os parques infantís do municipio, coa herba sen cortar, a maleza invadindo as zonas de xogo, os chans deteriorados e as estruturas cun evidente falta de mantemento”.

Sinalan que o parque infantil de Cures, situado no rural boirense e que a agrupación fotografou estes días, “é só un exemplo máis dunha situación que se repite en practicamente todas as parroquias do concello, con equipamentos abandonados, sucidade e un deterioro progresivo”. E engaden: “Non se pode aceptar que os nenos de Boiro teñan que xogar entre a maleza e o abandono. Os parques deberían ser espazos seguros e coidados”.

Desde o grupo aseguran que “non existe unha política de mantemento real nin unha
planificación seria para garantir o bo estado dos espazos públicos” e din que “o rural forma parte esencial do municipio e merece a mesma atención e coidados por parte do Concello que o casco urbano”.

O grupo esixe ao Concello “unha intervención inmediata e urxente para limpar e rozar todas as zonas infantís do municipio, revisar e reparar os elementos de xogo deteriorados ou inseguros, e implantar un plan periódico de mantemento e supervisión cun calendario público e persoal responsábel que garanta o coidado continuo destes espazos”.

Para os representantes da formación, o abandono dos parques non “é só unha cuestión estética, senón un problema de seguridade, saúde e respecto cara ás familias”.

A agrupación advertiu que continuará percorrendo as parroquias, “recollendo denuncias veciñais e esixindo solucións reais”. E engadiu: “Non imos quedar calados mentres Boiro se deteriora día a día. O abandono non se tapa con escusas: corríxese con traballo, xestión e responsabilidade.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.