Ribeira convértese no mellor escaparate da cultura local e galega co Culturgal Expandido

25 Outubro 2025

O Culturgal Expandido enche desde esta mañá o Auditorio Municipal de Ribeira con todas as disciplinas da cultura galega, nunha intensa xornada na que destaca a participación de artistas e creadores locais.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou hoxe na inauguración do Culturgal Expandido, que converte o Auditorio municipal en epicentro de difusión da cultura galega durante toda a xornada deste 25 de outubro e que se prolongará mañá, domingo 26. Fran Sieira, Quico Cadaval, Antonio
Piñeiro, Nan Îllonia, Os Liantes, Lau Panicanela, Chus Blanco ou Susana Sampedro son algúns dos artistas e creadores locais que achegan o seu talento ao abeiro desta axenda. Artes escénicas, danza, videoxogos, literatura, audiovisual e música integran a programación con propostas para tódolos públicos.

No acto de apertura, o presidente do Culturgal, Víctor López, expresou o desexo de que Ribeira se converta en sede permanente desta iniciativa “pola forza da súa cultura e dos seus creadores”. A alcaldesa, Mariola Sampedro, recolleu o ofrecemento e amosou a súa satisfacción “por acoller unha programación na que Ribeira é protagonista”.

Pola súa parte, a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad González, salientou “a forza da cultura como elemento que aporta identidade e conecta ás persoas”.

A programación continúa mañá domingo cunha xornada chea de propostas para todos os públicos. Pola mañá, de 12:00 a 14:00 horas, o público infantil poderá gozar coas funcións ‘Contamos contos de lobos?’, da compañía Ghazafellos, e ‘O rap do coello fedello’, de Irene Alonso Gasalla.

Xa pola tarde, a actividade retomarase cun obradoiro audiovisual a cargo de Alba Pego, seguido dun coloquio cos premiados do certame “Cidade Centenaria de Ribeira”. A partir das 18:00 horas, será a quenda do espectáculo ‘Fantasmas Familiares’, de Quico Cadaval, e o festival pechará ás 19:00 horas cun concerto final protagonizado por artistas e grupos locais: Nan Îllonia, Os Liantes, Lau Panicanela e XeVA & Mon-O.

O Culturgal Expandido consolídase así como un escaparate privilexiado da cultura local e galega, reunindo en Ribeira unha ampla mostra de talento, creatividade e compromiso coa cultura do país.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.