A Pobra premia aos lectores máis ávidos da Biblioteca Municipal

24 Outubro 2025

Ler ten premio e, senón e así o poden certificar Pablo Moral López e a Isabel Falque Estévez. Ambos veciños da Pobra do Caramiñal recibiron, esta tarde, agasallos e diplomas que os acreditan como os lectores máis fieis das seccións infantil e adulto da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí ao longo do último ano. O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, foron os encargados de entregarlles estes recoñecementos, felicitándoos pola súa “paixón e interese por seguir descubrindo novas historias”.

Pablo Moral López repite como gañador. O rapaz, que xa conseguira o título en 2024, retirou un total de 64 títulos da instalación municipal desde outubro do ano pasado. Na categoría de adulto, Isabel Falque Estévez solicitou o préstamo de 127 obras.

Ademais do diploma, o rexedor e a concelleira déronlles un regalo que consistiu nunha colección de libros novos e de recente publicación. A edil de Cultura animounos a seguir cultivando este “hábito que nos permite mergullarnos e descubrir novos mundos e vivir outras vidas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.