A Librería Máster únese aos creadores e artistas de Ribeira que levarán “a enerxía cultural local” ao Culturgal Expandido

23 Outubro 2025

O Culturgal Expandido chega a Ribeira este fin de semana, cun amplo programa para todas as ideades e públicos no que se xuntan todas as disciplinas artísticas.

O Auditorio Municipal acollerá todos os espectáculos e actividades, gratuítos ata completar aforo, cunha destacada presenza de artistas e creadores locais: Quico Cadaval; Lau Panicanela; Alba Pego; Fran Sieira; Nan Îllonia; XeVA & Mon-O; Susana Sampedro, Antonio Piñeiro ou Os Liantes.

A literatura será protagonista con varias conversas e a presenza da Librería Máster, establecemento de Ribeira aberto a finais da década dos oitenta que contará cun stand no Culturgal Expandido.

A Librería Máster traballa todo tipo de xéneros, cunha forte especialización nos últimos anos en literatura infantil e xuvenil.

O Culturgal Expandido comeza este sábado 25 de outubro ás 10:00 horas co obradoiro Mediación. Un baile ceibe en comunidade, con Fran Sieira, para dar paso ás 12:00 horas á apertura oficial e a O lobo feliz, un espectáculo infantil con Miguel Guido.

Ás 13:00 horas chegará o obradoiro Pensa o teu guión de videoxogo e xa pola tarde as conversas literarias que organiza o Club de Lectura do Culturgal, o espectáculo Xa que o sabes, voucho contar (e cantar) de Federico Pérez Rey ás 19:00 horas, danza e a película O Apostolo.

Na mañá do domingo, programación infantil das 12:00 ás 14:00 horas con Contamos contos de lobos?, de Ghazafellos, e O rap do coello fedello, de Irene Alonso Gasalla.

Pola tarde, obradoiro audiovisual con Alba Pego, coloquio cos premiados do certame Cidade Centenaria de Ribeira, as Fantasmas Familiares de Quico Cadaval ás 18:00 horas e o peche musical con Nan Îllonia, Os Liantes, Lau Panicanela e XeVA & Mon-O (19:00 horas).

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.