A policía descarga na Coruña 2.400 quilos de cocaína comisados nun operativo internacional en augas portuguesas

22 Outubro 2025

Axentes da Policía Nacional, en colaboración con autoridades internacionais, interviñeron nas costas de Lisboa unha embarcación de alta velocidade que transportaba 2.400 quilogramos de cocaína, nunha das operacións antidroga máis destacadas dos últimos meses.

TVG

A embarcación, de 12 metros de eslora e equipada con tres motores, atopábase á espera de recibir apoio técnico doutra parte da organización criminal asentada en Portugal cando foi localizada polos investigadores.

A operación, coordinada pola Fiscalía Especial Antidroga da Audiencia Nacional, iniciouse o pasado venres tras unha información facilitada pola Drug Enforcement Administration (DEA) dos Estados Unidos, que alertou da posible existencia dunha rede criminal dedicada ao transporte de cocaína a través do Atlántico cara a España.

A UDYCO Central logrou situar a lancha en poucas horas ao oeste de Portugal. Cando os sospeitosos foron descubertos por autoridades francesas, intentaron desfacerse da droga e emprender a fuxida, pero finalmente foron interceptados e detidos os catro tripulantes, ao tempo que se recuperou a totalidade da carga.

Durante o remolque da embarcación, os axentes comprobaron o precario estado da lancha, que acabou afundindo durante o traslado. A droga foi descargada posteriormente no peirao de Calvo Sotelo, na Coruña, desde un barco francés.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, cualificou a operación de “importante golpe ao narcotráfico internacional”, subliñando que foi desenvolvida grazas á cooperación entre o Grupo de Resposta contra o Crime Organizado (GRECO) e o Servizo de Vixilancia Aduaneira.

Os arrestos producíronse en mar aberto, e o caso permanece baixo segredo de sumario. Blanco destacou o “traballo encomiable das forzas de seguridade” e avanzou que se darán a coñecer máis detalles unha vez os detidos sexan postos a disposición xudicial.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.