O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresas enchen as rúas de actividade no marco da campaña MercaNaVila

21 Outubro 2025

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresas converten Boiro nunha festa do comercio para apoiar a campaña MercaNaVila da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero; o presidente da ABE, Daniel García; e o xerente da entidade, Tomás Estévez, presentaron na mañá deste martes 21 de outubro o programa de actividades.

Explicaron que grazas a esta iniciativa da Deputación da Coruña, calquera persoas sexa de onde sexa pode descargar un bono de 100 euros para gastar nos establecementos adheridos.

Con este programa de actividades que levan a cabo a ABE e o Concello de Boiro buscase “incentivar o consumo e dinamizar a economía local, atraendo visitantes e poñendo e valor a diversidade da oferta local”.

“Queremos que mercar en Boiro sexa unha experiencia agradable e diferente. Non só se trata de aproveitar os bonos, senón tamén de vivir a vila, pasear, gozar das rúas e coñecer todo o que ofrece o noso comercio”, destacou José Ramón Romero, alcalde de Boiro, engadindo que “este programa supón un impulso directo para os negocios locais e, ao mesmo tempo, unha oportunidade para que veñan persoas doutros concellos a descubrir Boiro”.

Para facilitar a participación, ABE instalou unha mesa informativa no Mercado Municipal os días luns 20 e martes 21 de outubro, en horario de 11:30 a 13:30 h. Alí, o equipo da asociación atendeu centos de persoas, moitas delas con dificultades tecnolóxicas, axudándoas a descargar e activar o bono no seu móbil e explicándolles como e onde poder empregalo.

“Este tipo de campañas funcionan mellor cando se combinan coa presenza directa na rúa”, explicou Tomás Estévez, xerente da ABE. “Moitas persoas achegáronse para recibir información e marcharon da haima coa aplicación instalada e os bonos listos para usar. A resposta foi moi positiva”.

A campaña complétase con animación infantil e actividades de lecer que converterán as rúas de Boiro nun espazo vivo e atractivo. O venres 24, diante do Mercado Municipal, terá lugar o contacontos A trastenda dos contos de Caxoto e reparto de flocos de millo e folletos informativos. O sábado 25 de outubro pola mañá, na rúa Santos Mieites, contos e teatro de obxectos para toda a familia e pola tarde, na praza do Concello, parque de inchábeis de balde para os máis pequenos.

“O comercio local é moito máis ca tendas: é vida nas rúas, relacións, identidade. Con esta campaña queremos atraer máis xente e crear un ambiente festivo arredor das compras”, sinalou Daniel García, presidente da ABE, engadindo que “esta é tamén unha mostra de que cando administracións e tecido empresarial traballan xuntos, os resultados multiplícanse”.

Os bonos de 100 € poden descargarse a través da plataforma oficial da Deputación da Coruña Mercanavila e poden ser utilizados por calquera persoa, viva ou non en Boiro, nos comercios adheridos á campaña. “MercaNaVila é unha oportunidade real para atraer novos visitantes á nosa vila e reforzar o papel do comercio local como motor económico”, engadiu o alcalde.

Toda a información práctica sobre a campaña está dispoñíbel na mesa informativa da ABE e nos perfís oficiais da Asociación Boirense de Empresas e do Concello de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.