Nova data para a Andaina Contra o Cancro de Porto do Son: o 2 de novembro

21 Outubro 2025

A AECC comunicou a nova data da Andaina Solidaria Contra o Cancro de Porto do Son, que non puido realizarse o pasado 19 de outubro por mor das condicións climáticas adversas. A nova data será o vindeiro 2 de novembro, a partir das 11 horas dende o paseo marítimo.

As inscricións poden facerse xa en liña.

O obxectivo é recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro e para seguir investigando na enfermidade.

O percorrido será o seguinte: Igrexa – Faro Cabeiro – Paseo marítimo.

O custe será de 5 euros para persoas adultas e de 3 euros para nenas e nenos de até 12 anos de idade. Por certo que quen non poida asistir, tamén pode colaborar co Dorsal Solidario dispoñíbel na Rede.

Na edición do ano pasado, a cuarta, participaron máis de 300 persoas, incluído o alcalde, Luis Oujo, e máis a conselleira de Política Social, Fabiola García, aos que se sumaron (tamén) as e os integrantes da comunidade Amicos, entidade inclusiva do Barbanza.

Novamente a recadación destinarase integramente á AECC para reforzar o seu traballo de investigación e divulgación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.