Xunta e Federación de Comercio tratarán de poñer en marcha un plan de reactivación económica do sector

25 Abril 2020

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, mantivo un novo encontro co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e representantes das federacións provinciais, avogou por traballar da man do sector para poñer en marcha un plan de reactivación económica neste ámbito.

Así, a xuntanza telemática tivo como obxectivo afondar nos pasos a dar para activar as medidas de apoio máis precisas e efectivas para o comercio galego, un dos sectores que máis está acusando o cese de actividade, constatando a acollida das iniciativas xa activadas e avaliando as que se enmarquen no día despois de que se levante o estado de alarma.

Na reunión abordouse tamén a acollida que están a ter no comercio de proximidade as medidas xa activadas pola Xunta, como a liña de financiamento de ata 250 millóns de euros para achegar liquidez a pemes e autónomos, con préstamos de ata 200.000 euros que lles permitan facer fronte aos seus gastos e ás súas obrigas fiscais, e facéndose a Administración autonómica cargo dos xuros. Unha de cada cinco solicitudes deste programa proveñen do sector do comercio.

Xunto con isto, a Administración autonómica aprobou outras medidas como aprazar o pagamento de impostos autonómicos ou as cotas dos préstamos outorgados pola Xunta, para aliviar as cargas que, neste momento, afrontan moitos negocios que non están a xerar ingresos.

Conselleiro de Economía, Francisco Conde, declaracións sobre reactivación do comercio 20200425

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión