Atenea García e o seu “Vicio houbo sempre” abren o programa da II Mostra de Teatro de Porto do Son, este sábado 18 na Casa da Cultura

17 Outubro 2025

O Concello do Son organiza esta tempada a II Mostra de Teatro de Porto do Son, un ciclo escénico que traerá sete obras de gran nivel á Casa da Cultura entre outubro e novembro. As representacións celebraranse ás 21h.

A axenda comeza este sábado 18 de outubro con Vicio houbo sempre, unha peza de narración oral protagonizada por Atenea García, que recolle historias reais de mulleres maiores de 80 anos sobre o desexo, o pracer e a vida. Trátase dunha divertida proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García reflicte historias de desexo, pracer, sexualidade… A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas.

O 25 de outubro será a quenda de Golpes, da compañía aAntena, centrada na historia de Pamela e a aprendizaxe dunha relación que non debía vivir. O 1 de novembro, Gallaecia Eventos presentará Cabaré Climático. O 8 de novembro, a compañía Culturaactiva achegará a obra cómica para público infantil e familiar Máis saaabor! O 15 de novembro, Talía Teatro representará Un Deus Salvaxe. O 22 de novembro, o grupo local Mimarte presentará Nais en apuros.

A clausura será o 29 de novembro coa comedia D.E.P, de Malasombra.

As obras Vicio houbo sempre, Golpes e Nais en apuros serán de entrada libre, mentres que as restantes terán un prezo de 4 euros. As entradas estarán dispoñíbeis dende o 14 de outubro na Oficina de Cultura (de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas) ou o mesmo día da función, só con pagamento mediante tarxeta bancaria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.