Pakolas estará este xoves en Boiro presentando o espectáculo infantil “Ecoralia”

14 Outubro 2025

Este xoves 16 de outubro o músico galego Pakolas estará en Boiro, no Centro Social, achegando o seu espectáculo familiar e infantil Ecoralia, a lambona ecolóxica. Será este xoves a partir das 19.00 horas.

Neste espectáculo musical, Pakolas guiará á rapazada coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

En Ecoralia, a lambona ecolóxica Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado polo CRAEGA (Decembro-2024), e dispoñíbel este 2025 en todas as bibliotecas de Galicia

Neste novo traballo cóntase e cántase a historia de Ecoralia, que ensinará á rapazada, a través das súas cancións, a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.