A Deputación brinda o seu apoio á Asociación Baroña para o seu centro de transformación alimentario e colaborativo

13 Outubro 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Asociación Baroña, Ovidio Manuel Queiruga, asinaron este luns 13 de outubro un convenio de colaboración con vistas a permitir a creación do Centro de Transformación Colaborativo e Alimentario Baroña, unha infraestrutura pioneira destinada a fortalecer o sector agroforestal local e promover un modelo de desenvolvemento sostíbel no rural.

O proxecto, que conta cun apoio económico de 160.000 euros da Deputación da Coruña, nace co “obxectivo de mellorar a calidade e competitividade dos produtos agroalimentarios, ofrecer formación práctica en transformación e valorización alimentaria, e fomentar a creación de emprego no territorio”.

Durante o acto de sinatura, o presidente da Deputación destacou que “o Centro de Transformación de Baroña é un exemplo de innovación rural con raíces locais: aposta pola economía circular, polos produtos de proximidade e pola sustentabilidade ambiental”. Engadiu que a iniciativa suporá “unha oportunidade real para que pequenos produtores e produtoras poidan transformar e comercializar os seus produtos sen ter que abandonar o territorio”.

Formoso subliñou tamén que o proxecto “responde á filosofía de cooperación da Deputación, que apoia a iniciativas locais con capacidade transformadora e con impacto directo na vida das persoas, no emprego e na conservación do medio natural”.

O Centro de Transformación Colaborativo e Alimentario Baroña combinará a transformación de alimentos coa formación especializada en técnicas agroalimentarias, converténdose nun espazo de innovación e aprendizaxe compartida.

A Deputación e a asociación engadiron que “as súas instalacións estarán abertas non só á comunidade de Baroña, senón tamén a pequenos produtores da comarca do Barbanza, que poderán utilizalas para elaborar conservas, marmeladas, zumes, pan, bolería ou produtos cárnicos e do mar”.

A iniciativa tamén inclúe un espazo de obradoiros formativos e redes colaborativas, co obxectivo de crear sinerxías entre produtores locais, emprendedores e colectivos sociais da zona.

O novo centro tomará como referencia a experiencia de Transformando en Brión, un proxecto de éxito apoiado tamén pola Deputación e que xa funciona no Centro Comercial Monte Balado. A alta demanda neste espazo, dedicado á transformación de produtos de horta e conservas, inspirou a creación dun modelo similar en Baroña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.