Mulleres Salgadas e o Concello de Boiro achegan formación ás traballadoras do mar

13 Outubro 2025

Este 16 de outubro o Centro Social de Abanqueiro vai acoller unha actividade formativa da Asociación Mulleres Salgadas, a partir das 17.00 horas.

Trátase dunha sesión formativa de habilidades de comunicación, participación e liderado para a igualdade destinado a mulleres vinculadas co mar. Tamén se busca fomentar a visibilidade deste colectivo nos espazos de decisión.

As prazas son limitadas e o curso gratuíto.

As sesións do curso Habilidades e comunicación e participación para a igualdade celebraranse todos os xoves entre o 16 de outubro e o 18 de decembro, ambos inclusive.

Organiza o colectivo Mulleres Salgadas coa colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.