O BNG homenaxea en Nebra ás labregas asasinadas pola Garda Civil en 1916

12 Outubro 2025

O Bloque Nacionalista Galego celebrou este 12 de outubro en Nebra unha homenaxe ás Mártires asasinadas pola Garda Civil en 1916, cando cinco labregas —catro mulleres e un home— foron abatidas e máis de trinta persoas resultaron feridas por defender os seus dereitos fronte ao pagamento inxusto de impostos ao Estado español. A vicepresidenta segunda do Parlamento e deputada do BNG, Montse Prado, salientou que aquel episodio é “un símbolo da resistencia galega fronte ao centralismo e a inxustiza” e lembrou que “a memoria das que nos precederon é semente de futuro”.

Durante a súa intervención, Prado denunciou a “dependencia política e económica de Galiza” e o “espolio continuado” dos seus recursos por parte do Estado e das multinacionais.

“Madrid decide canto e cando nos entrega o diñeiro que é noso, mentres se nos espolian miles de millóns cada ano e se destrúe o territorio con proxectos como Altri ou o espolio eólico”, advertiu.

A deputada subliñou que “hoxe, igual que en 1916, hai unha cidadanía viva, activa e rebelde que non cala ante o espolio, nin ante o deterioro da sanidade, do ensino ou dos servizos públicos”.

Para o BNG, actos como o de Nebra son “imprescindíbeis para manter viva a memoria colectiva e reivindicar o dereito de Galiza a decidir libremente o seu futuro”.

“O Bloque mira cara o futuro, mais non desde a desmemoria, senón co orgullo do que somos”, concluíu Prado, quen fixo un chamamento a “seguir construíndo un país soberano, dono dos seus recursos e capaz de garantir prosperidade e benestar ao seu pobo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.