Ambar e A Creba únense en Ribeira para reivindicar a saúde mental como parte da diversidade funcional

10 Outubro 2025

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional acolleu un acto conmemorativo con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, organizado pola Asociación A Creba, no que se puxo o foco na integración da saúde emocional e psicolóxica como parte esencial da diversidade funcional e social.

O acto tivo lugar no Centro de Recursos de Ambar en Ribeira e reuniu a numerosas persoas usuarias e profesionais de ambas entidades nun espazo de apoio mutuo, visibilización e concienciación social.

O momento central da xornada foi a lectura dun manifesto, protagonizado polas persoas usuarias de A Creba, no que se destacou a necesidade urxente de mellorar o benestar emocional, facilitar o acceso a recursos de apoio psicolóxico e combater o estigma que pesa sobre as persoas con experiencias en saúde mental.

A xornada serviu para reafirmar o compromiso conxunto de impulsar vidas independentes tamén desde o coidado da saúde mental, lembrando que o benestar psicolóxico é un dereito e unha condición básica para a plena inclusión social.

Este encontro simboliza o esforzo compartido de ambas entidades por construír unha sociedade máis xusta, accesible e sensible ás diferentes realidades das persoas, rompendo barreiras e promovendo unha mirada máis humana e integradora.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.