“Sábados en familia” na piscina de Porto do Son: diversión asegurada para pequenos e maiores

10 Outubro 2025

O Concello de Porto do Son, en colaboración con Soom Management, pon en marcha a iniciativa “Sábados en familia”, unha proposta pensada para que as familias poidan desfrutar xuntas dunha xornada lúdica e refrescante na piscina municipal.

Cada sábado, os asistentes dispoñerán de material de ocio acuático como canastas, colchóns inchables, flotadores e moito máis, todo baixo a supervisión do persoal socorrista. A actividade está deseñada para fomentar a convivencia e o lecer compartido nun espazo seguro.

A organización lembra que:

  • Todas as actividades estarán baixo o criterio do socorrista.
  • Os nenos e nenas menores de 10 anos deberán estar sempre acompañados/as por unha persoa adulta e non poden quedar sós na instalación. É obrigatorio que permanezan no mesmo vaso da piscina que os seus acompañantes.

Con esta proposta, Porto do Son continúa apostando por un modelo de ocio familiar, inclusivo e saudable, poñendo en valor os seus espazos públicos como lugar de encontro e benestar comunitario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.